O BNG relaciona dous despidos cun informe contrario á Xunta

O accidente rexistrado por un dos avións de extinción de lumes adscrito á base de Doade, no municipio de Beariz, motivou unha interpelación da deputada Tereixa Paz, do BNG, ante a Mesa do Parlamento de Galicia.
A parlamentaria nacionalista pregunta cáles foron as 'causas exactas' do accidente, xa que os informes técnicos encargados pola Consellería de Medio Rural á empresa Natutecnia reflexaron que 'foi debido a un fallo nos frenos do aparato'.

Nembargantes, o departamento autonómico atribuiu o accidente 'a un fallo humano, e procedeu ó despido dos dous técnicos da empresa, autores do informe, por parte do secretario xeral de Montes'. Deste xeito, o Grupo parlamentario do BNG desexa saber 'cáles foron as razóns destes despidos' e 'desde cando se viña apreciando o deterioro nos freos do aparato' e se aquél era coñecido da Xunta. No mesmo sentido, Tereixa Paz tamén pide información sobre 'a calidade destes avións, xa que teñen unha antigüidade de 40 anos'.

A base de Doade foi pechada por Fomento tras unha denuncia formulada polo Colexio Oficial de Pilotos. Na actualidade, Medio Rural consignou 500.000 euros para o seu acondicionamento.

Te puede interesar