EMPREGO

Carballiño busca o apoio da Xunta para un novo Plan de Emprego

O plan que está en activo xa logrou que 36 das 60 personas que o seguiron teñan emprego

O Plan Integral de Emprego “Carbaemprega” está cumprindo amplamente os obxectivos previstos de reinserción, a falta de catro meses para a súa conclusión. Así o puxeron de manifesto o concelleiro de Promoción Económica, Adolfo Nogueira, e o director xeral de  Orientación e Promoción Laboral da consellería de Economía, Emprego e Industria, José Alfonso Marnotes, durante una reunión desenvolvida en Santiago.

Concretamente, das 60 persoas integradas neste plan, 36 xa están traballando, superándose polo tanto o 45% das persoas inscritas, que era o obxectivo marcado. Ademáis, a día de hoxe tamén se pode dicir que 34 destas persoas terán traballado un mínimo de 3 meses, que é o baremo establecido para a reinserción. Posto que aínda quedan catro meses para a conclusión do plan, síguese traballando para que as persoas que aínda non o fixeron realicen prácticas e poidan incluso atopar traballo. 

Durante a reunión falouse dun novo Plan de Emprego, acordando manterse á espera dunha nova convocatoria para realizar a solicitude. Asemade, valorouse a posibilidade de solicitar un obradoiro de emprego xuvenil, pero tamén se agardará á publicación das correspondentes convocatorias. 

Te puede interesar