Así será a primeira verbena en Carballiño: inscrición previa, sen fumar e sen alcohol

photo_camera La orquesta Cinema, en plena actuación.
Carballiño, una das cinco localidades galegas que participará na proba piloto das verbenas en Galicia

A Xunta inclúe a O Carballiño entre outras cinco localidades galegas para desenvolver o 19 de xuño, con carácter simultáneo, una experiencia piloto de celebración de verbenas seguras. Nesta iniciativa participan as orquestras Los Satélites, Costa Dorada, Marbella, Ocaband, Cinema e Principal, que actuarán en Arteixo, Noia, Marín, Tomiño, O Carballiño e Mondoñedo, respectivamente. 

As verbenas levaranse a cabo en espazos ao aire libre acotados aos que só se poderán acceder previa inscrición nunha páxina web específica. Asimesmo, haberá que usar mascariña e non se poderá fumar nin consumir bebidas alcohólicas. O aforo será de 1.000 persoas como máximo. Un equipo de seguridade controlará en todo momento o cumprimento de todas as medidas sannitarias preventivas.

No recinto de verbena haberá una zona de atraccións de feira e outra de bar con terraza, que estarán separadas.

Ao tratarse dunha experiencia piloto, invitarase expresamente a alcaldes, presidentes de comisións de festas e representantes do sector de espectáculos.

A verbena do Carballiño celebrarase no estadio de Espiñedo, por considerarse o lugar máis axeitado para levar a cabo esta experiencia, e tendo en conta que a partir de xullo poderían comezar as obras de reforma do terreo de xogo.

Te puede interesar