Suárez Canal referiuse a este producto como motor dinamizador turístico e socioeconómico

Cea afronta a recuperación dos vellos fornos como primeiro paso cara a súa musealización

Carlos Rodríguez, José Luis Valladares e Alfredo Suárez  Canal.  (Foto: José Paz)
A restauración de catro fornos tradicionais do pan de Cea é o primeiro paso cara a súa musealización e creación dun Centro de Interpretación deste producto artesanal. O conselleiro do Medio Rural, Alfredo Suárez Canal, ensalzou o pan como motor dina mizador turístico, a partir da creación de tres rutas, e socioeconómico, co obxetivo cara o 2011 de duplicar a producción sobrepasando as 600.000 pezas anuais. Estes proxectos forman parte dun Plan de Dinamización da Indicación Protexida do Pan de Cea.
O conselleiro do Medio Rural, Alfredo Suárez Canal, realizou onte unha visita ós catro fornos tradicionais do pan de Cea que foron restaurados dentro do Plan de Dinamización da Indicación Protexida deste producto artesanal promovido polo departamento autonómico e que se extenderá ata o 2011. ‘Había un foco emblemático e faltaba o enfoque integral. Temos o pan, a indicación xeográfica, temos un entorno cultural privilexiado, e era necesario recuperar estes vestixios’, apuntou Suárez Canal. E esta recuperación fíxose a través dun convenio entre o Agader e o Concello de Cea, quedando os fornos enmarcados na creación de tres rutas. A culminación do proxecto consistirá na musealización dos fornos para formar parte do futuro Centro de Interpretación do Pan de Cea.

O conselleiro tamén se refiriu ós beneficios socioeconómicos que reportará este plan de dinamización de tal maneira que no 2011 se duplique a producción do pan, sobrepasando as 600.000 pezas anuais. ‘Será unha garantía da continuación da producción e un foco turístico que promocionará o pan, o Concello e toda a comarca’, engadiu o titular do Medio Rural.

No que respecta as tres rutas en fase de creación dixo o conselleiro que ‘xa están prácticamente rematadas en algunhas das súas fases’. O primeiro percorrido inclúe a visita ós fornos recuperados do núcleo de Cea e continúa ata o lugar da Grela.

A lonxitude é de 3,8 kilometros o longo dos camiños polos que chegaban as materias primas para facer o pan e saían as panadeiras cara as feiras para vendelo.

A segunda ruta vai de Oseira a Casledo a través de 1,1 kilómetros, e na que se contempla o Mosteiro e o Museo Olimpio Liste. Finalmente, está a de Faramontaos a Viña, de 2,7 kilómetros, cuio percorrido descobre as orixes deste producto artesanal.

Alfredo Suárez Canal tamén aproveitou a ocasión para lembrar ó concelleiro do BNG xa desaparecido, Xoxé Manoel Quintela, ó que calificou de loitador incansable e que ‘foi o que despertou o interés en mín polo pan de Cea’, asegurou. A Corporación deste municipio e a Xosé Manuel Quintela, matizou o conselleiro, que se lle debe a primeira iniciativa para conseguir a única indicación protexida do pan que existe en Europa. ‘Por iso establecemos líneas de colaboración co Consello Regulador e co Concello para que puderan modernizar as súas instalacións’, según argumentou Suarez Canal, e tendo en conta que o plan de dinamización trata de consolidar os fornos do pan como actividade económica de futuro, incrementando a rendabilidade empresarial nun 20% para garantir o relevo xeneracional e abrir novos canles de comercialización.

A mínima intervención posible

Durante o percorrido que fixo Alfredo Suárez Canal polos catro fornos acompañado do alcalde de Cea, José Luis Valladares, e o presidente do Consello Regulador, Carlos Rodríguez, entre outras autoridades e algunhas panadeiras e veciños, un técnico explicou ós asistentes en que consistiu a restauración na que a intervención foi a menor posible a fin de recuperar os fornos respetando a súa forma orixinal. Desta maneira, apuntaba o técnico que o máis grande deles e o da Parapeta, de principios do século XVIII, no que só foi necesario repoñer as portas. Despois, continuou a visita ó forno do Santo, do Abad, e o forno da Cruz. O alcalde José Luis Valladares manifestou a seu agradecemento por ‘continuala restauración que xa empezara o Concello fai tempo’.



Te puede interesar