O CARBALLIÑO

Cine Club ofrece un espectáculo familiar de maxia e cinema

Cine Club Carballiño presenta este domingo un espectáculo dirixido a toda a familia: "O Cinematomago", contando coa actuación do Mago Paco

O custo da entrada é de 4 euros en taquilla e 3 euros en venta anticipada. O espectáculo empezará ás 18,00 horas, no Auditorio municipal Manuel María do Carballiño. 

"Un cinematógrafo é un aparato que permite proxectar imaxes creando unha sensación de movemento, e un mago e unha persoa que ten a capacidade de conseguir cousas extraordinarias cos seus poderes. O cinematomago é esa persoaxe que converte esas imaxes en movemento en maxia", matizan os responsables da entidade organizadora.


Esceas


Nese sentido, engaden os membros de Cine Club que "todos escoitamos falar nalgunha ocasión da maxia do cinema. Pois nesta ocasión a través do seu cinematomago, o Mago Paco fará desta frase unha realidade presentándonos distintos clásicos do cinema de todos os tempos a través da maxia. Convertindo esas míticas esceas nun espectáculo máxico en directo e coa colaboración imprescindible do seu público".

Así, Cine Club garantiza aos asistentes: "Emoción, lembranzas, gargalladas e moita ilusión nos agardan neste novo espectáculo do noso mago infantil favorito".

Te puede interesar