Dous servizos de concilia para os nenos do Carballiño

Concello do Carballiño
photo_camera Concello do Carballiño
O Concello do Carballiño ofrece dous programas de conciliación para favorecer o equilibrio da cidadanía no ámbito persoal, profesional e familiar

Trátase de Divertiño e Bo Día Familia, dúas iniciativas nas que os interesados poderán anotarse dende hoxe e ata o 2 de xuño.

No caso do Divertiño, que dará comezo o 22 de xuño, ofreceranse aos cativos actividades lúdicas en horario de mañá, de 07,30 a 14,00 horas durante o período vacacional, rematando o 8 de setembro. O programa Bo Día Familia arrancará co novo curso escolar 2023-2024, con servizos de acollida, gardería e lecer, durante as horas previas e posteriores á xornada escolar, así como nos períodos de Nadal e Semana Santa. O horario será de 07,30 horas ata o inicio das clases e, pola tarde, de 14,00 ás 18,00 horas. Ambas propostas de conciliación contarán con servizo de almorzo, a partir das 08,00 horas.

Te puede interesar