Empeza en Piñor a cuarta Escola de Familia para pais e nais

Por cuarto ano consecutivo, o Concello de Piñor pon en marcha a Escola de Familia dirixida non soamente ós pais senón tamén a toda persoa interesada no eido educativo.
A iniciativa inclúe charlas mensuais sobre temas de gran importancia para poder desenvolver a labor educativa axeitadamente. 'A sociedade é cambiante, razón pola cal é indispensable que nos actualicemos ante certos contidos que, de non coñecer o suficiente, poden levarnos a obviar aspectos educacionais imprescindibles nos fillos', apunta a organización. As sesións terán lugar o último mércores de cada mes no Centro Social, entre as 18,00 e as 2o,00 horas, e serán impartidas por diversos profesionais.

Te puede interesar