O CARBALLIÑO

Un estudo determinará o futuro do Parque Municipal

<p></p>
photo_camera Un camiño dos moitos que hai no Parque Municipal do Carballiño, que será obxecto de melloras.

O Concello inclúe 7.000 euros no orzamento do 2016 para que se faga un informe do seu estado

O Concello de Carballiño reserva nos presupuestos do 2016 unha partida económica de 7.000 euros destinada a poñer en marcha un plan integral de intervención para a recuperación das zonas degradadas do Parque Municipal. A idea consiste realizar primeiro os estudos técnicos que permitan establecer un diagnóstico preciso do estado actual, así como as actuacións que serían necesarias para o restablecemento das zonas ou árbores máis dañadas.

É o primeiro paso para elaborar un plan de rehabilitación integral, de xeito que se consiga conservar o carácter máis natural do conxunto, co seu aproveitamento para o lecer dos carballiñeses e visitantes.

Unha vez que se aprobe o orzamento iniciaranse os trámites para que se poida realizar o estudo canto antes. Neste senso, a concelleira de Medio Ambiente, Erika Paz, está a manter contactos con empresas de enxeñería forestal e medioambiental para tomar a iniciativa que sexa máis doada e efectiva.

Ademais da análise biolóxica das árbores e prantas, así como do solo, dos camiños, e das fontes, é preciso evaluar o estado do mobiliario, que se atopa moi deteriorado. De feito, prácticamente estragáronse a meirande parte das papeleras, e os bancos están moitos deles esnaquizados xunto cos xogos infantís, que son un verdadeiro perigo para os nenos.

Esta tarefa non se pode realizar nun ano, nin é posible facelo só cos fondos do concello, segundo apunta Erika Paz, polo que se estudan as posibilidades de asinar convenios ou conseguir subvencións doutras institucións para levala a cabo. O obxectivo é que antes de que remate esta lexislatura sexa posible emprender unha rehabilitación integral de toda a extensión do parque, que ocupa unhas 32 hectáreas.

"O abandono que sufriu o Parque nos últimos anos require a dedicación de importantes recursos, que é preciso conseguir para mellorar todo o entorno e adecualo, non só para a súa conservación natural, senón tamén para o paseo e para a celebración dos eventos que teñen lugar cada ano durante o verán", sinalan os responsables municipais.

No estudo, ademáis da empresa especializada que finalmente se elixa, tamén se pretende que participen centros como o de Lourizan ou a Universidade de Vigo, ós que se lle pedirá a súa colaboración.

Te puede interesar