A Insua dos Poetas, na Esgueva do Carballiño, foi escenario un ano máis da Celebración da Auga, a Ábore e a Poesía, contando coa participación de 300 escolares dun total de 10 centros educativos, nove desta comarca e como centro convidado nesta edición do 2024, o Ben Cho Shey de Pereiro de Aguiar.
Organizada pola Fundación Insua dos Poetas, o seu presidente Luis González Tosar, instaba aos rapaces a ter sempre presente a cultura nestes momentos de novas tecnoloxías en que “a cultura é máis necesaria ca nunca, porque a intelixencia artificial sen cultura non é posible”.
Os escolares dos 10 colexios celebraron a chegada da primavera con cancións, poesía, música, recreacións teatrais e moita danza, “unhas actuacións moi preparadas e moi variadas gracias ao apoio dos profesores”, matizaba Tosar.
Entre os asistentes, o recién nombrado presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Santalices, que transmitiu o apoio do Parlamento a esta actividade e convidaba a visitar a institución que preside. Así mesmo, sinalaba que esta celebración é un fito no alendario á que asistirá sempre que poida porque representa a chegada da primaveira.
Tamén estiveron presentes o secretario xeral de Cultura en funcións, Anxo Lorenzo, que tamén se referiu ao apoio da Consellería de Cultura a este evento no que está representado a cultura e a educación; ademais do director xeral de Planificación e Ordenación Forestal en funcións, José Luis Chan; os alcaldes do Carballiño e O Irixo, Francisco Fumega e Susana Iglesias, respectivamente; e o concelleiro de Cultura do Carballiño, Diego Fernández.
En representación da Deputación provincial acudiu o deputado de Medio Ambiente e Enerxía, José María Lago, quen felicitou aos organizadores “por esta emotiva celebración nun remanso de paz e cultura incomparable”.
A celebración estivo amenizada con música tradicional e rematou coa plantación de 40 árbores, 20 carballos e 20 cerdeiras, contando coa colaboración do Distrito Forestal do Carballiño e do departamento de Medio Ambiente da Deputación.
Os centros recibiron lotes de libros en galego, de literatura de temática infantil e xuvenil que irán destinados ás súas bibliotecas.