FESTA DO PULPO

A Festa do Pulpo deixou máis de 63 toneladas de lixo no Carballiño

A concelleira de Medio Ambiente, Érika Paz, comentou na tarde de onte que "o casco urbán e o Parque municipal quedaron totalmente limpos

As brigadas municipais de limpeza e do servizo de recollida de residuos da Deputación provincial retiraron un total de 63.500 quilogramos (63,5 toneladas) de lixo do casco urbán e do Parque do Carballiño dende a noite do pasado sábado, tra-las xornadas centrais da "Festa do Pulpo". Según os datos facilitados pola Concellería de Medio Ambiente, na noite do sábado, data na que se organizou a tradicional Xuntanza das Peñas, recolléronse 18.000 quilos no casco urbán, e outros 5.000 máis na madrugada do domingo.

E onte, luns, os traballos intensificáronse para deixar limpas de xeito definitivo as rúas e prazas da vila e tamén a paraxe natural, onde se concentrou a meirande parte dos perto de 100.000 asistentes ó festexo gastronómico. Así, do casco urbán retiráronse un total de 17.500 quilos de residuos, mentres outros 23.000 foron contabilizados ó longo da xornada de onte polo devandito servizo.

A concelleira de Medio Ambiente, Érika Paz, comentou na tarde de onte que "o casco urbán e o Parque municipal quedaron totalmente limpos, polo que hai que felicitar ós operarios municipais e ós dos camións de recollida a laboura que desenvolveron". Estas tarefas completáronse coa aspiración e lavado con auga a presión de rúas e prazas que está a levar a cabo o Concello carballiñés durante esta tempada de verán.

Te puede interesar