Presentouse no pazo no que naceu, onde se conserva o seu legado

Unha fundación divulga a obra de Antón Losada

O pazo de Moldes, en Boborás, foi onte o marco de presentación da Fundación Antón Losada Diéguez, que nace coa finalidade de difundir a figura e obra do ilustre galeguista. A iniciativa xurdiu en setembro do 2006 da mau dos concellos de Boborás, de onde era nativo o autor, o Carballiño, a Estrada e Pontevedra, a raíz da súa vinculación con estes municipios.
O alcalde de Boborás, Cipriano Caamaño, abriu o turno de intervencións, tras a presentación dos asistentes por parte da concelleira de Cultura, Eva Pardo. O rexidor refiriuse a Antón Losada como 'un galego estusiasta comprometido con Galicia'. Seguidamente era a filla, Mercedes Losada, a que sinalaba que a fundación é a resposta ó encargo do seu pai de traballar por Galicia e a súa cultura.

Un breve recorrido polo descurrir da vida, obra e actividade política de Losada Diéguez correspondeulle o estudoso desta figura, Xusto Beramendi, quen apuntou que 'deixou en Ourense un dos pilares do nacionalismo galego'. Finalmente, o director xeral de Difusión da Cultura, Francisco López, ofreceu o apoio institucional para 'poñer en valor o seu legado'.

Te puede interesar