ENTREVISTA

Josi Lage: “Este Fetega ofrecerá calidade e espectáculos teatrais moi variados en xénero e formato"

Entrevista a actriz Josi Lage en Carballiño
4-9-17
photo_camera Josi Lage, onte no Carballiño.

Josi Lage é a cabeza visible da organización que esta cerca de cumprir a súa 30ª edición con infinidade de representacións teatrais 

A actriz Josi Lage organiza desde fai máis dunha década o Festival de Teatro Galego (Fetega) do Carballiño, que arranca hoxe na súa 28 edición, presentando cinco espectáculos teatrais, ademais doutras representacións ao aire libre, obradoiros e unha conferencia.

Como evolucionou o Fetega nestes 28 anos?

Antes era un festival para Carballiño e a provincia, agora medrou tanto que está a ser un verdadeiro  referente tanto na comunidade galega como fóra de Galicia. Veñen espectadores de toda Galicia, Portugal, zonas limítrofes como León e Asturias e tamén de Madrid.

E o teatro galego?

Tamén está evolucionando. Están chegando as vanguardias. Chévere ou Matarile xa traballaban este tipo de linguaxe e agora tamén están os alumnos da Escola Dramática de Vigo, que traballan este teatro posdramático.

Que destaca desta nova edición do Fetega?

A grande calidade dos actores, unhos textos fantásticos e espectáculos moi variados en xénero e formato, ademais de prolongarse un día máis grazas ao apoio de diversas institucións e dos establecementos comerciais. Contamos con Chévere, que foi Premio Nacional de Teatro no 2016, coa comedia documental "Eroski Paraíso" e o humor típico desta compañía. "A canción do elefante", de Redrum Teatro, é un thriller psicolóxico, un xénero pouco habitual xa que quero que sexa unha programación diferente á que ofrecen os concellos, porque é un festival e temos que diferenciarnos. "Dramaturxia das mulheres", da compañía Inherente, é teatro posdramático, as actrices van  utilizar o corpo como vehículo de expresión para reivindicar a forza do xénero. Tamén está "Impronews", de Triatreros, con música en directo e moita improvisación; e Sergio Pazos pechará os espectáculos con "Afiando con humor" e a gala de entrega de premios Fetega, que a partir deste ano chámase "Dorotea Bárcena".

Responden ben os empresarios da vila?

Si, pero tamén imos facer un estudo para mostrarlles onde come e pernocta a xente do teatro. Con outros que fixemos con anterioridade comprobamos que cada euro invertido, tres retornan ao Carballiño. Xunto coa Festa do Pulpo é o evento que atrae máis público.

Conta con moita expectación?

Sempre hai moito público, por iso os interesados deben reservar en www.fetega.gal, porque non podemos garantir que haxa entradas na taquilla. Tamén para asistir aos obradoiros, un de creación escénica, que se impartirá do 30 ao 1 de outubro, e o outro de improvisación, o 28 e 29 de outubro. 

Te puede interesar