As mulleres que fan cine amosanos seus traballos nas Xociviga

A vila do Arenteiro convertirase, entre os días 2 e 6 de agosto, na capital do audiovisual galego, coa celebración das Xornadas de Cine e Vídeo en Galicia (Xociviga). Nesta edición número 27 do festival, a Concellería de Cultura do Carballiño contará coa colaboración da Asociación de Mulleres Cineastas (Cima), 'que presentarán as súas últimas produccións, co obxectivo de darlle ás xornadas unha visión feminina', sinalou a concelleira, Asunción Rivero.
Deste xeito, o cartel anunciador do evento, obra do deseñador gráfico Suso Obenza, amosa un ollo de muller, e será distribuido polas catro provincias galegas. O Instituto de la Mujer do Ministerio de Igualdad, que dirixe a ourensana Laura Seara, é un dos patrocinadores do certame carballiñés.

Te puede interesar