A Concellería de Medio Ambiente inicia unha campaña de entrega gratuita de bolsas e paletas

Multa aos donos de cans que non recollan as deposicións

Un can fai as súas necesidades nun parque público. (Foto: Martiño Pinal)
A suciedade producida en rúas, aceras e parques públicos polas deposicións dos cans están a xenerar moitas queixas entre os veciños do Carballiño, e por elo a Concellería de Medio Ambiente decidiu asumir o papel que lle corresponde co obxectivo de tentar eliminar este tipo de residuos.
Neste sentido, o responsable desta área municipal, Bernardo García, anunciou onte o inicio dunha campaña de concienciación cidadán, 'que consiste na distribución gratuita entre os propietarios de animais dunhas bolsiñas de papel reciclado, que inclúen unha paleta de cartón, para que recollan os excrementos cando saen con eles de paseo'.

Así, unhas 6.500 bolsas serán entregadas polo Concello ás tres clínicas veterinarias emplazadas na vila carballiñesa para o seu reparto entre as persoas que o precisen, aínda que tamén serán entregadas no departamento de Medio Ambiente, ubicado na parte traseira da Casa do Concello.


VIXIANCIA

Bernardo García lembrou que a ordenanza municipal para a protección dos espacios públicos contempla sancións de entre 30 a 1.000 euros polo incumpremento do artigo 17, que sinala 'no caso das dexeccións que queden depositadas en beirarrúas, xardíns, parques ou outras zonas destinadas ó tránsito peonil, a persoa que conduza o animal está obrigada á súa limpeza inmediata'. Ó respecto, o concelleiro nacionalista advirte que 'será a Policía Local quen de vixiar o cumpremento da normativa, aínda que se fai necesaria a adicación exclusiva dun dos axentes a tarefas vencelladas co medio ambiente'.

O Concello xa impuxo sancións de 30 euros a un veciño por darlle migas de pan ás pombas, a outro por mexar no escaparate dun comercio e a tres propietarios de postos ambulantes da feira mensual, que deixaron o seu contorno de venda cheo de lixo. García adiantou que tamén se controlará a xestión de residuos que levan a cabo os establecementos de electrodomésticos e moblerías do municipio.

Te puede interesar