Fomento investiu 1,8 millóns de euros na mellora da seguridade vial ó longo de dous quilómetros

Un novo asfaltado remata as obras da N-541 na vila

Obras de asfaltado da estrada N-541, onte, ó seu paso polo Carballiño. (Foto: MARTIÑO PINAL)
A empresa Aopil S.L. está levando a cabo o remate das obras contempladas no proxecto de mellora da seguridade vial na estrada N-541 (Ourense-Pontevedra) ó seu paso polo casco urbán do Carballiño. Nesta semana, traballadores da adxudicataria ultiman o asfaltado deste tramo de dous quilómetros de distancia, comprendido entre os cruces de A Fontela e o correspondente a O Irixo.
Estas obras motivan cortes do tráfico rodado nos accesos dende a vila do Arenteiro ó entronque da N-541 coa estrada a Cea e Santiago, que onte afectaron á rúa Curros Enríquez e que se prolongarán ás rúas Francisco Castelló e as avenidas Avellanosa e do Balneario ata o vindeiro venres. O proxecto, que comezou a executarse en outubro do pasado ano, está financiado polo Ministerio de Fomento con 1,8 millóns de euros, e contemplou a reposición de tódalas canalizacións de abastecemento, saneamento e augas pluviais en todo o tramo. Asemade, construironse beirarrúas de entre 1,50 e 5,50 metros de ancho, e instalaronse 128 novas farolas para o alumeado.

As obras incluiron a creación dunha rotonda de entrada e saída das avenidas citadas. O alcalde do Carballiño, Carlos Montes, solicitou para esta área a dotación de céspede sintético.

Te puede interesar