MÚSICA

O Orfeón carballiñés ensaia as galas de Nadal

A primeira actuación desenvolverase o próximo venres, ás 16,30 horas, na Residencia de Anciáns dos Irmáns Prieto

O Orfeón carballiñés ensaia as galas de Nadal

O Orfeón do Carballiño ensaia estes días o repertorio de panxoliñas que ofrecerá nos tres concertos de Nadal que ten programados. Dous terán lugar na vila e o terceiro na capital da provincia. A primeira actuación desenvolverase o próximo venres, ás 16,30 horas, na Residencia de Anciáns dos Irmáns Prieto, con motivo da escenificación do belén vivinte que organiza esta entidade todos os anos.

A segunda actuación realizarase o 4 de xaneiro na Igrexa das Caldas de Ourense, compartindo escenario cunha das corais de maior prestixio da provincia, como é a Capela Madrigalista. 

Finalmente, o Orfeón porá o peche das Festas de Nadal ofrecendo o Concerto de Reis no Templo da Veracruz, que terá lugar o domingo 6 de xaneiro, ás 18,00 horas. O programa inclúe a interpretación de panxoliñas durante a celebración da misa, e un concerto ao seu remate.