O CARBALLIÑO

As persoas con discapacidade intelectual reivindican calidade de vida

photo_camera Ana María García Amor, Eladio Fernández e Francisco Fumega.

Un dos obxectivos da convivencia familiar é o de facer visibles ante a sociedade os dereitos das persoas con discapacidade

O Parque municipal do Carballiño acolleu un ano máis, e xa se cumplen 19, a xornada de Convivencia Familiar organizada por Special Olympics Galicia e a Asociación de Pais, Profesionais e Amigos de Persoas con Discapacidade Intelectual. O encontro festivo, pero tamén reivindicativo dunha mellor calidade de vida e de máis oportunidades para as persoas con discapacidade, reuniu a preto de 900 persoas chegadas dende 21 entidades de toda Galicia.

A xornada ten como obxectivo principal fomentar a relación entre as persoas con discapacidade intelectual, así como da súas familias, directivos dos centros, profesionais e voluntarios, baixo un entorno de convivencia, confraternidade e intercambio de experiencias.

En total, participaron nesta Convivencia Familiar 305 familiares, acompañando a 399 persoas con discapacidade intelectual das provincias de A Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra.

Con esta iniciativa, persíguese de igual modo "facer visibles ante a sociedade os dereitos das persoas con discapacidade intelectual e das súas familias", segundo apuntaron os organizadores. Tamén perseguen un fortalecemento do movemento asociativo, promovendo a recuperación de valores como o asociacionismo, a solidariedade, o apoio mutuo e a participación activa. En torno ás 11,00 horas tiña lugar o acto de inauguración da xornada e a entrega da Medalla Special Olympics Galicia de este ano a Ana María García Amor, participando o presidente de Fadenga, Eladio Fernández, e o alcalde de Carballiño, Francisco Fumega, que diu a benvida ás familias, coas que compartiu esta xornada de convivencia.

Despois da celebración da misa, espezaba a diversión, con música e un xantar de confraternidade. Xa pola tarde, os asistentes coñeceron o fallo do concurso de repostería que se convoca cada ano e despois houbo baile ata o memento da clausura, en torno ás 19,00 horas, que abandonaron o Parque.

Te puede interesar