O Concello de Piñor pon en marcha nesta semana un programa terapéutico orientado a aquelas persoas que desexan deixar de fumar, e que se desenvolverá ata finais do vindeiro mes de maio. Neste sentido, o alcalde, Francisco Xosé Fraga, informa que o vindeiro 16 de abril, terá lugar a primeira sesión do programa para deixar de fumar, que consta de seis sesións, tódolos xoves de 21.00 a 22.00 horas no antigo edificio da Casa do Concello, e con oito asistentes.
A responsable deste plan é a psicóloga e educadora familiar municipal, que despois de entrevistar a tódolos inscritos tivo en conta as preferencias e a disposición horaria dos interesados, co obxectivo de promover a máxima participación e aproveitamento do programa, apunta o rexedor de Piñor. Durante as seis sesións, a monitora ofrecerá as pautas a seguir así como o apoio psicolóxico necesario en cada caso, sendo o obxectivo final que o vindeiro 21 de maio os oito primeiros beneficiarios deixen o vicio do tabaco.
Invitación
Con posterioridade, realizaranse seguimentos periódicos, mantendo o asesoramento que sexa preciso, pois hai que lembrar que estamos a falar de persoas cun hábito moi aprendido e que poden presentar recaídas, necesitando un período de tempo para que realmente se considere que a súa conducta cara o tabaco foi eliminada. Francisco Xosé Fraga invita a tódalas persoas interesadas en deixar o tabaco a comunicalo na oficina de Servizos Sociais, co fin de poder participar nas futuras edicións deste programa. Un plan que xa se leva a cabo no Carballiño dende o ano 2006.