A planta de compostaxe invadiu unha vía pública

Asistentes á reunión de onte.
Un importante número de veciños dos pobos afectados pola construcción dunha planta de compostaxe en Cea acudiu onte á reunión informativa convocada pola empresa promotora, e que se prolongou durante dúas horas e media no centro social de San Facundo. O xerente da empresa, Camilo Vázquez, acompañado por unha bióloga, explicou ós asistentes que a industria prevista só se adicará á maduración e envasado de compost, tal e como figura no proxecto inicial.
Os responsables da entidade empresarial 'Compost Galicia SA' incluso amosaron a súa disposición á firma dun acta notarial na que se comprometen a preservar o contido da memoria técnica presentada ante o Concello de Cea e que recibiu a pertinente licencia o pasado 15 de setembro'. Nembargantes, os representantes da plataforma veciñal que se opón a dita instalación manifestaron as súas 'dúbidas, xa que no documento de aluguer dos terreos ós comuneiros de Fontaíñas tamén se inclúen actividades como o tratamento de lodos e materiais biodegradables', indicou José Mosquera, voceiro veciñal.

Por outra banda, os integrantes da plataforma lembraron que entre as dúas fincas ocupadas en Fontaíñas figuraba no catastro un camiño de uso público entre as localidades de Garabás (Maside) e Barón (Carballiño), que desapareceu ó facer a explanación. Os veciños esperarán a que a empresa revise os planos para tomar unha decisión encol do proxecto.

Te puede interesar