O pleno rexeitou subir os salarios de axuda no fogar en Punxín

Os socialistas criticaron ó goberno por non aprobar a construcción dun aparcadoiro público

O PSdeG-PSOE de Punxín criticou o que considera un novo capítulo de “obstrución” e de “bloqueo” ao desenvolvemento do municipio, en relación coa última sesión plenaria na que o goberno municipal, composto polo PP e un concelleiro non adscrito, votaron en contra de dúas mocións coa que as socialistas pretendían mellorar as condicións salariais das auxiliares do servizo de axuda no fogar (SAF) e que o Concello cumprise co compromiso adoptado coa veciñanza de Ourantes para a realización dos trámites precisos para a construción dun aparcadoiro público e gratuíto para dar servizo aos usuarios da igrexa parroquial de San Xoán. 

Dende o grupo municipal socialista afirman que coa decisión do equipo de goberno “estáselle a dar as costas tanto á veciñanza como as traballadoras do SAF”. Para as socialistas esta situación “non fai máis que demostrar o que vimos denunciando dende fai tempo, que é que a este goberno non lle interesan para nada os problemas da veciñanza e que as súas políticas son as do bloqueo ao desenvolvemento do noso municipio”. 

No relativo a moción na que se solicitaba unha mellora das condicións salariais das auxiliares do servizo de axuda no fogar, as concelleiras socialistas esgrimiron que co incremento do financiamento anunciado pola Xunta, o Concello reducirá o gasto previsto para este servizo en 10.500 euros. Dende o PSdeG-PSOE de Punxín reclamaban que “este aforro se reinvista inmediatamente no propio servizo.

Sobre a moción para a construción do aparcadoiro, as socialistas apuntan a que o Concello “está a incumprir” o acordo coa Diocese de Ourense para a cesión temporal desta parcela e co acordado no pleno, “onde se deu conta de que parcela se cedía para aparcadoiro”.

Te puede interesar