A Policía Local impón sancións para evitar estacionamentos en zonas prohibidas

Os axentes da Policía Local do Carballiño inician hoxe unha campaña de control dos estacionamentos indebidos de vehículos no casco urbán coa imposición das sancións contempladas na Ordenanza Municipal de Seguridade Vial, e que oscilan entre os 30 e os 100 euros. Así, o concelleiro de Tráfico, José Antonio Barge Gil, apuntou onte que ‘esta medida está orientada a evitar que os conductores aparquen en pasos de cebra, beirarrúas, liñas amarelas e vados, co obxectivo de mellorar o tráfico na vila’.
O edil socialista engade que ‘esta campaña non ten ningún afán recadatorio, senón que pretende concienciar ós automobilistas de que hai unha normativa vixente que hai que cumprir’. No mesmo sentido, Barge Gil referiuse tamén á colaboración que a Policía Local está a prestar coa Dirección Provincial de Tráfico na montaxe de controles de alcoholemia ó longo desta semana. ‘Foi unha solicitude que se nos fixo dende ise organismo e por iso os axentes están a realizar este tipo de controles nas saídas do Carballiño a outras estradas’.

Peatonalización

Ademais, o concelleiro adiantou que ‘estamos a espera de recibir os pivotes de peche das rúas do casco histórico de Flores para acometer a súa peatonalización definitiva’. A apertura deste sistema de barreiras para impedir o tránsito de vehículos funcionará cunhas tarxetas que a Concellería de Tráfico facilitará os residentes e ós propietarios de garaxes de Flores, ‘e tamén estará regulado cuns horarios de apertura para que as empresas de distribución de mercadurías poidan cargar e descargar’, sinalou José Antonio Barge.


Te puede interesar