PROVINCIA

O PP reclama ó alcalde de Piñor que convoque plenos

photo_camera Francisco Fraga (d), durante un acto en Piñor.

Francisco Fraga afirma que se está traballando nos presupostos, que espera presentar no vindeiro pleno, e que só suprimiu unha sesión porque non había asuntos.

O portavoz do PP en Piñor, José Luis González, manifesta o seu malestar porque o alcalde, Francisco Fraga, leva cinco meses sin convocar plenos e "non temos aprobada a conta do ano 2014 e tampouco o orzamento do ano 2015", puntualiza o concelleiro. O portavoz da oposición afirma que "nun municipio de 1.200 habitantes, onde a metade do orzamento se adica ao capítulo un de gastos de persoal, con 406.000 en 2014, onde traballan 8 persoas ademais do alcalde, do secretario e a arquitecta municipal, os veciños teñan que esperar por un simple trámite ou acudir varias veces para preguntar como está o seu expediente porque non reciben resposta algunha". Engade que os populares "estamos cansos da actitude do rexedor, que leva obstaculizando dun xeito deliberado o acceso á información que solicitamos".

Francisco Fraga afirma que se está traballando nos presupostos, que espera presentar no vindeiro pleno, e que só suprimiu unha sesión porque non había asuntos. Sobre a conta xeral sinala que ten prazo ata abril para aprobala.

Te puede interesar