O programa de Femuro atraeu a tódalas idades

A aula 'Conectad@s ó Mundo', punto de encontro da Federación Provincial de Mulleres Rurais de Ourense (Femuro), no Carballiño, rematou o ano 2010, cun total de participación de 252 usuarios, que realizaron formación de alfabetización dixital, dende a iniciación ata a introdución nas redes sociais. 'O avance das tecnoloxías da información e as distintas posibilidades de acercamento que as mesmas ofrecen motivaron o interese da poboación, xa que tivemos alumnos dende os cinco anos ata preto dos 80', subliña Alicia González, coordenadora da federación.
A participación na formación e nas distintas actividades, se ben foi superior no sexo feminino, a responsable dos cursos destaca o interese e aumento da participación masculina no ano rematado en canto a formación dixital, orientación e busqueda de emprego, realización de curriculums, informacións de subvencións ou as axudas para a creación de emprego propio.

Dende Femuro tamén se realizaron actividades en datas sinaladas, coma o Día da Muller Traballadora, no que cada comarca realizou unha xornada de confraternidade e exposición fotográfica, sendo está última incorporada pola asociación de Mulleres Rurais de Avión, o pasado 25 de novembro.

O programa tamén incluiu o Día da Muller Rural, cunha visita ó municipio de Sarreaus; a data contra a Violencia de Xénero, a participación nos distintos Foros da Igualdade ou a camiñata e participación no Xacobeo. Alicia González comenta que 'estas son as vivenzas das máis de 7.000 mulleres que conformamos a entidade na provincia, 2.000 na comarca do Carballiño'.

Te puede interesar