O programa de 'Xoga Nadal' convocou a 300 nenos do rural

Os rapaces participaron nunha festa de clausura. (Foto: LR)
Nenas e nenos do rural do municipio do Carballiño participaron no programa 'Xoga Nadal' entre os meses de decembro e xaneiro no centro lúdico Xogaventura, baixo o patrocinio da Deputación provincial de Ourense. O promotor, José Luis Alves, destacou que, 'entre o 27 de decembro e o 5 de xaneiro unha media superior ós 40 rapaces disfrutaron a diario das actividades', o que suma unha cifra de perto de 300 cativos.
Ademáis dos tradicionais xogos de introducción á aventura, como son as xincanas, o rocódromo e as pontes tibetanas, nesta sexta edición 'tamén houbo un espazo para a realización de talleres propios do Nadal, como foron os de confección de abalorios para decoración do fogar e os de elaboración de doces, seguindo as pautas de cociña creativa que impulsamos hai dous anos', sinalou o responsable de Xogaventura.


LECER

A programación desenvolveuse de xeito totalmente gratuito os días 27, 28, 29 e 30 de decembro e 3,4 e 5 de xaneiro, en horario de 10,00 a 13,00 horas, para rapaces de idades comprendidas entre os catro e os 14 anos, todos eles das 15 parroquias rurais do municipio carballiñés e alguns tamén da propia vila do Arenteiro. José Luis Alves apunta que 'nas vacacións, a oferta para encher o tempo de lecer dos cativos non é o suficientemente atractiva a nivel institucional, sobre todo tendo en conta que esta practicamente se centra no casco urbán e non chega ás parroquias do rural'.

A Deputación provincial tamén apoia nos meses de xullo e agosto a programación de 'Xoga Rural', outra iniciativa que organiza Xogaventura dende hai sete anos durante tres días á semana.

Te puede interesar