O PSdeG quere debatir sobre 'a transparencia' da xestión municipal

Os socialistas de Carballiño están a espera de que o alcalde, Argimiro Marnotes, convoque un pleno extraordinario monográfico solicitado por este grupo da oposición para debatir unha moción na que plantea 23 propostas para garantir a transparencia da xestión municipal. O PSdeG propón, entroutras medidas, a creación dun portelo de información ao cidadán na páxina web e a habilitación dun espazo específico no taboleiro de anuncios das dependencias municipais para estes mesmos efectos.
Pretende, ademáis, a creación dun rexistro de proveedores e a publicación de todolos anuncios, plegos e licitacións de obra pública; e tamén a posta en marcha dunha mesa de contratación, sen custo adicional para o erario municipal, habilitada para a avaliación e adxudicación de obras e contratos de mais de 3.000 euros. Ademáis da publicación das retribucións do alcalde e concelleiros e a renuncia a outros cargo públicos cando hai adicación exclusiva para o concello, entre outras.

Te puede interesar