O xurado dos ‘Premios Fetega’ elexiu a Patricia de Lorenzo e Ernesto Chao polas súas interpretacións

O público do Festival do Teatro considerou ‘Atra Bilis’ o mellor dos catro espectáculos

A gala ‘Premios Fetega’, onte no centro multifuncional do Carballiño. (Foto: Martiño Pinal)
’Atra Bilis’, da compañía Teatro de Ningures, foi o espectáculo máis valorado polo público do Festival do Teatro Galego de Carballiño, mentras que o xurado concedía os premios Fetega ó mellor actor e actriz a Ernesto Chao e Patricia de Lorenzo. Máis de 800 persoas asistiron ás representacións desta edición que rematou onte cunha gala.
Os espectadores do Festival do Teatro Galego elexiron como mellor espectáculo desta quinta edición a obra ‘Atra Bilis’, que estrenou o Teatro Ningures no Carballiño o pasado xoves. Asemade, o xurado dos ‘Premios Fetega’ considerou que a mellor actriz foi Patricia de Lorenzo, polo papel interpretado na representación de ‘Testosterona’, da compañía Chévere, posta en escea o martes, mentras Ernesto Chao conseguía o premio de mellor actor polo seu traballo en ‘O segredo dos Hoffman’, de Lagarta Lagarta, cuia estrea inauguraba este festival.

A asociación cultural Fetega, organizadora do evento, consideraba onte, poucas horas antes da celebración da gala coa que se clausuraba, que ‘o éxito desta edición foi abstoluto, tanto polo nivel das compañías, a calidade dos espectáculos, a expectación xerada e a asistencia de público’, manifestaba Josi Lage.

Só polo centro multifuncional, onde se representaron as catro obras programadas para a noite, pasaron máis de 800 persoas, das que oredor dun 60% participou na elección do mellor espectáculo deste festival. Saiu elexida a montaxe que clausurou esta nova edición ‘Atra Bilis’, dirixida por Etelvino Vázquez e interpretada por Casilda García, Sonia Rúa, Fran Paredes, David Novas e Josi Lage, unha das organizadoras do festival.

O que tamén acadou unha grande expectación foi o obradoiro de Zancalino, que cada día xuntou a moitas persoas na Praza Irmáns Prieto para aprender a manexar os zancos e que tamén se encargou de anunciar as representación da noite.

Unha gala con humor e música

A cuarta gala ‘Premios Fetega’ clausurou onte o Festival do Teatro Galego. A gala organizouse con motivo da entrega dos premios, neste caso para o espectáculo ‘Atra Bilis’, para os actores Patricia de Lorenzo e Ernesto Chao, e para o direc tor Xulio Lago, que a organización do festival elexiu este año con fin de otorgarlle o primeiro premio honorífico. A compañía San & San representou sketchs do seu espectáculo ‘Bar’, e o cantautor Roberto Sobrado ofreceu un concerto.




Te puede interesar