O alcalde do Carballiño, Carlos Montes, asinou onte un convenio de colaboración co presidente da Asociación de Solidaridade Galega co Pobo Saharaui, Bernardo Porto, para o mantemento do Programa Vacacións en Paz.
Ó acto tamén asistiu a concelleira de Servizos Sociais, Asunción Rivero, que confirmou que o Concello carballiñés sufragará o custe da viaxe ata a vila de tres nenos saharauis no vindeiro verán, aínda que serán algúns rapaces máis os que acudan a pasar as vacacións coas súas familias de acollida, e que recibirán a asistencia médica necesaria.