Ricovanca disporá dunha iluminación ornamental

A Deputación provincial de Ourense adxudicou á empresa Cruzval as obras de alumeado público en Ricovanca por importe de 15.000 euros e da pavimentación en As Santas e Muradás por 33.000 euros, localidades do Concello de Beariz.

Ricovanca é un pobo con certa singularidade pola súa ponte medieval, o seu muíño restaurado, o río Verdugo, o seu Centro Social, “polo que dende o Concello cremos conveniente realizar a reforma do alumeado público existente por outro tipo ornamental”, sinalan.

Na localidade de As Santas realizarase a pavimentación de 128 metros cuadrados cun orzamento aproximado de 2.500 euros e en Muradás actuarase nunha superficie de 281 metros cuadrados. Primeiro levantarase o pavimento existente para levar a cabo a pavimentación cun espesor de 10 centímetros e finalmente o seu adoquinado. O orzamento é de 30.500 euros.

Te puede interesar