Os sendeiristas lamentan a falla de limpeza da ruta a Pazos

O estado de abandono da ruta de sendeirismo que comunica Carballiño coa localidade de Pazos de Arenteiro, no municipio de Boborás, está a ser obxecto de críticas polas persoas que se adican a facer este camiño durante as fins de semana, entre elas algúns integrantes do clube 'Rillamillas'. Neste sentido, suliñan que as táboas do pavimento da ponte de madeira que cruza o río Arenteiro ó carón do Muíño das Lousas están soltas na súa meirande parte, 'co perigo de que calquera pode caer ó río se non se agarra á baranda'.
Ademais, o camiño que enlaza iste punto coa Ponte de Godás tamén se atopa 'intransitable', e son moitos os visitantes que se ven na obriga 'de dar a volta ó ver a maleza', indican. Por outra banda, na parte correspondente a Boborás, unha vez sobrepasada a localidade de Ponterriza, o sendeiro tamén queda oculto polas herbas 'e incluso hai árbores que caeron e interrompen o paso', engaden dende o clube 'Rillamillas'.

A fin de acometer a limpeza destes sendeiros, os Concellos de Carballiño e Boborás solicitarán a axuda da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, 'para que envíe a unha brigada de operarios, de xeito que fagan un desbroce ás beiras do río Arenteiro', tal e como comentaron os alcaldes, Argimiro Marnotes e Cipriano Caamaño.

Te puede interesar