Fraga lembra que Piñor ten unha porcentaxe elevada de emigrantes que retornan no verán, polo que sería conveniente que poidesen comprobar como quedan as súas propiedades
O grupo socialista de Piñor solicitou ao goberno municipal (PP-Veciños de Piñor) a ampliación do prazo de información pública e de presentación de alegacións ó PXOM (Plan Xeral de Ordenación Municipal). O portavoz, Francisco Fraga, sinala que recibiron numerosas queixas dos veciños, debido a que o prazo de dous meses fixado polo goberno municipal, resulta insuficiente para entender todo o contido e documentación do plan.
Fraga lembra que Piñor ten unha porcentaxe elevada de emigrantes que retornan no verán, polo que sería conveniente que poidesen comprobar como quedan as súas propiedades.