Os técnicos visitan Mosteiro de Lobás para a súa restauración

O alcalde e os dous voceiros da oposición municipal do Carballiño participaron onte na visita realizada polos técnicos de Patrimonio e Concello á igrexa e ó Mosteiro de Lobás, a fin de acometer un proxecto de restauración.
A redacción do proxecto de restauración do Mosteiro de Lobás e da súa igrexa románica, no Carballiño, xa está a piques de comezar. Así, onte desplazaronse ata esa localidade os arquitectos Manuel Vecoña, da Delegación provincial de Patrimonio, e Sergio Mascareñas, do Concello carballiñés, que estiveron acom pañados por Carlos Montes, alcalde, e Arxirmiro Marnotes e Manuel Amil, voceiros de PP e BNG, respectivamente.

Alí foron recibidos polo presidenta da Asociación Cultural ’Orde dos Cabaleiros de Mosteiro’, Xosé Moleiro, que lles ensinou a antiga abadía do século XIII e os documentos sobre a historia desta construcción. Os técnicos coincidiron na necesidade de facer unhas catas arqueolóxicas previas a calquera obra, tendo en conta as pinturas e os cadaleitos existentes no interior da igrexa.

Te puede interesar