Xosé Neira Vilas estará hoxe no Instituto do Carballiño

O escritor Xosé Neira Vilas participará hoxe nun acto programado no Instituto Número 1 do Carballiño, previsto para as 11,00 horas, no salón de actos do centro. 'Será unha ocasión única para que o alumnado poida coñecer a un dos escritores máis importantes da literatura galega contemporánea e poida plantexarlle cuestións sobre a súa traxectoria vital e a sua obra, xa que algúns dos seus libros forman parte das lecturas obrigatorias deste curso', declarou o director do Instituto, Manuel Amil.
A dirección do centro recorda que o libro 'Memorias dun neno labrego' é un dos máis reeditados da literatura galega. A actividade está organizada pola Asociación Cultural Avantar.

Pola tarde, a partir das 15,30 horas, terá lugar un acto de portas abertas, para que pais, profesores e alumnos doutros centros poidan coñecer as instalacións.

Te puede interesar