As xuventudes socialistas elexiron a súa nova directiva

Un grupo de mozos e mozas da vila do Arenteiro refundaron as Xuventudes Socialistas do Carballiño, organización xuvenil do PSdeG-PSOE, 'e que nace como correa transmisora das inquedanzas dos xóvenes carballiñeses', según o seu novo responsable, Juan José Nogueira Vázquez.
Nunha asamblea de dúas horas de duración, elexiuse unha executiva, 'e tamén se deseñou unha liña de traballo coa que pretendemos participar de forma activa no movemento asociativo da vila e nos centros de traballo, para que tódolos xóvenes do Carballiño nos coñezan', indicou o secretario.

Juan José Nogueira era ata agora vicesecretario de Comunicación e portavoz comarcal das Xuventudes Socialistas da cidade de Ourense.

Te puede interesar