O RIBEIRO

O 40% dos participantes nun plan de emprego ten traballo

ribeiro_result
photo_camera Os alcaldes, Gabriel Alén, Amancio Cid, Xurxo Rodríguez, e a técnica Natalia Tierno.

Participaron os concellos de Toén, Cenlle e Castrelo de Miño e prolongouse durante un ano

O programa de formento do emprego Ribeiro do Miño celebrou na casa de cultura de Moreiras (Toén) a súa xornada de clausura. Na mesma, os alumnos recibiron os diplomas correspondentes ás diversas accións formativas nas que participaron ao longo deste ano de formación, que comenzaba en agosto do 2014 e que agora remata. Peón forestal, operario agrícola e vitivinícola e auxiliar de xardinaria e horticultura foron tres dos cerca de 15 cursos formativos nos que poideron participar.

Os beneficiarios foron 60 desempregados dos concellos de Toén, Cenlle e Castrelo de Miño, dos que arredor do 40% atoparon un emprego ou crearon a sua propia empresa. A técnica coordinadora do desenvolvemento deste programa, Natalia Tierno, declaraba que foi o sector servizos onde se colocou o 50% , seguido do sector agrario, concretamente no campo da viticultura, tanto para traballar nas viñas como nas adegas, onde se ocupou en torno ao 25%.

En menor medida, tamén se aproveitou a oferta de emprego no sector forestal, fundamentalmente nas brigadas de extinción de incendios. Natalia Tierno apuntaba que o sector onde non se atopou ningún emprego nin se constituiu ningún autónomo foi no de horticultura.

En canto a que fose o sector servizos o que aportara a maior saída laboral, pese a que non se contemplou dentro deste programa de formación, a técnica puntualizou que este plan foi máis alá de impartir ós cursos, xa que ademais das prácticas que se desenvolveron ó longo do ano, tamén se recollía como obxectivo a búsqueda de ofertas de emprego e o establecemento de contactos entre demandantes e participantes no programa.

CLASES

As clases e prácticas distribuíronse entre os tres concellos participantes. Así, en Castrelo de Miño a formación centrouse na viticultura; en Cenlle foi en xardíns e horticultura e en Toén foi en silvicultura. Este reparto gardou relación coas actividades económicas destacadas de cada municipio. No caso de Cenlle, tuvose en contra o funcionamiento da Cooperativa Hortícola Hortoflor; en Toén a súa importante actividade forestal e en Castrelo de Miño, que é o municipio con máis adegas da Denominación de Orixe Ribeiro. Ademais destes cursos formativos tamén se impartiron outros como o de hixiene alimentaria en adegas, prevención de riscos laboráis, conducción e manexo de carretillas elevadoras, aplicación de produtos fitosanitarios, ademáis de xornadas técnicas relacionadas co autoemprego e co manexo da Rede 2.0 para a busca dun traballo.

Aínda que xa se entregaron os diplomas ós participantes, a data de finalización deste Programa Integrado para o Emprego é o vindeiro venres. Financiado pola Consellería de Traballo e Benestar, a inversión total, incluíndo as aportacións dos tres concellos beneficiarios, foi de 144.000 euros.

Os tres alcaldes, Gabriel Alén, de Cenlle; Xurxo Rodríguez, de Castrelo de Miño e Amancio Cid, de Toén, consideran importantes este tipo de iniciativas que axudan ás persoas desempregadas a formarse e topar un posto de traballo, algo que beneficia ós municipios porque axuda a fixar poboación.

Nese sentido, coinciden en expresar o desexo de continuar no futuro con este tipo de iniciativas.

Te puede interesar