O Ribeiro

Acordo unánime en Castrelo para un contrato homologado

A corporación pide que todas as axudas ós adegueiros estean visculadas á existencia de contratos

A Corporación de Castrelo de Miño aprobou por unanimidade unha moción presentada polo grupo de goberno do BNG relativa a necesidade de contratos homologados na Denominación de Orixe Ribeiro. O PP e o PSdeG daban o visto bo a proposta mediante a que se insta á Consellería de Medio Rural a promover as medidas necesarias para garantir o cobro por parte dos viticultores das cuantías que se lles adebedan polas uvas entregadas na pasada campaña.


Ademais, a Corporación solicita que se aproben as medidas necesarias para garantir a recollida da totalidade da produción da vendima 2015.
Por outra parte, tamén se insta a Consellería de Medio Rural a convocar con urxencia a Mesa do Viño para impulsar actuacións coa finalidade de garantir para esta e para as vindeiras campañas a existencia dun contrato homologado non só para o Ribeiro senón para todas as denominacións de orixe galegas, nos que se establezan os prezos en función das variedades e a graduación, entre outros condicionantes.


Por ese motivo, solicita que todas as axudas ó sector industrial, incluidas as de promoción e comercialización, estean sempre vinculadas á existencia de contratos homologados para garantir aos viticultores a recollida da uva  a un prezo xusto e o cobro en cada campaña. O acordo será trasladado, entre outras institucións, ós concellos do Ribeiro.

Te puede interesar