OBRAS

Adxudicada en 333.000 euros a iluminación da Ponte Esperela

La Ponte da Esperela está en la carretera OU-209.
photo_camera La Ponte da Esperela está en la carretera OU-209.
O proxecto contempla a renovación do pavimento dun tramo da estrada OU-209, en Leiro

A Xunta adxudicou por 333.000 euros as obras de instalación dunha nova iluminación da Ponte Esperela e a súa calzada, así como a renovación do pavimento deste tramo da estrada autonómica OU-209, ao paso polo Concello de Leiro.

A intervención, adxudicada á empresa Construcciones y Montajes Eléctricos Santos-Hector, S.L., comezará a executarse na segunda quincena de maio e terá un prazo de cinco meses.

As actuacións comezarán pola desmontaxe e reparación dos peitorís que o precisen, previa a súa recolocación cunha ancoraxe mecánica á peza da cornixa, perfilado e nivelación. Seguidamente, procederase a instalación das luminarias. Tamén se realizará o fresado do aglomerado da calzada e posterior escavación das gabias lonxitudinais e transversais para afastar as canalizacións do subministro eléctrico e das arquetas. As gabias reporanse con formigón armado que sirva de base para o aglomerado en quente final que se acometerá na estrada.

Nas marxes da vía disporanse canles de recollida de pluviais que se executarán en granito e que se conectarán puntualmente coas gárgolas das cornixas. Colocaranse lousas de granito transversalmente para aloxar as arquetas para as caixas de derivación estancas que coincidirán coas pilas da ponte.

Baixo este contrato inclúense tamén as actuacións para dotar á contorna da ponte de un novo alumeado público.

Te puede interesar