Álvaro das Casas premia que se fale a lingua galega

O Pazo dos Ulloa acolleu o acto de entrega dos Premios Bacelos de Prata, convocados pola Asociación Álvaro das Casas, destacando como denominador común de todos os intervintes o apoio para a galeguización da economía do sector agroalimentación no etiquetado, publicidade e relacións laborais

Os premios foron otorgados á Adega Tapias Mariñán, da Denominación de Orixe Monterrei, e a Leite Sociedade de Gandeiros Galegos, porque entre os seus moitos méritos utilizan o galego ao 100%, segundo sinalaba Xosé González, presidente do Foro Peinador.

A clausura correu a cargo do conselleiro de Medio Rural, José González, que adquiría o compromiso coa asociación de dispor en sucesivas edicións dunha dotación económica. Os asistentes tamén valoraron a colaboración da Administración coa Irmandade Galega de Agroalimentarios e Adegueiros para a galeguización do sector.

Te puede interesar