CONCELLO

Arnoia dedica o 38% do seu presuposto a investimentos

Foto Ribeiro edificio concello de Arnoia
1-2-13
photo_camera A Casa Consistorial do municipio de Arnoia.

O alcalde afirma que é a porcentaxe máis alta dos 26 concellos cos orzamentos deste ano en vigor

O alcalde de Arnoia, Rodrigo Aparicio, aseguraba onte que o seu concello dedica o 38% do seu orzamento municipal a investimentos, un esforzo inversor que o convirte no concello da provincia, dos 26 que xa teñen orzamento aprobado e vixente para 2017, que maior porcentaxe de gasto dedica a inversións. Ademais, tamén destaca que no capítulo de gastos, é o Concello que menos adica de todos a persoal, tan solo un 13%. 

Así, o orzamento total que xestionará o goberno municipal neste ano, que ascende a 1.463.500 euros, o capítulo dedicado a inversión ascende a 558.000 euros e a partida de persoal é de 191.950 euros.

Segundo o alcalde, “a xestión eficiente dos recursos públicos permítenos dedicar unha importante porcentaxe do orzamento a investimentos, o que supón un importante pulo para mellorar as condicións de vida da veciñanza.” Entre os proxectos baraxa a mellora enerxética na luminaria do núcleo de Arnoia, o asfaltado de varias rúas e melloras en tres áreas de recreo.

Aparicio, sinalou que “o actual equipo de goberno ten moi claro que a prioridade da xestión municipal ten que ser a xestión racional e eficiente dos recursos, intentando aforrar no gasto non productivo, e por outro lado, buscando financiación mediante a colaboración entre administracións". 

Te puede interesar