Andaina Avión

A riqueza castrexa protagoniza a 10ª edición da andaina de Avión

OURENSE 18/07/2018. Presentación da 10ª Andaia de Avión, de izquierda a derecha: técnico municiapal de deportes: Dario Vázquez vicepresidente de la diputación: Rosendo Fernández y el  alcalde: Antonio Montero,  .Iago Cortón
photo_camera El técnico municipal de deportes, Dario Vázquez , el vicepresidente de la Diputación, Rosendo Fernández, y el alcalde de Avión, Antonio Montero.

Este novo certame, que se celebrará o vindeiro domingo, conta con diferentes percorridos xunto a fervenzas e castros.

O concello de Avión presentou este mércores a súa 10º andaina, que nesta ocasión estará protagonizada pola riqueza castrexa e prehistórica do municipio.


"Hoxe Avión é un punto de encontro para moitas persoas que chegan desde diferentes partes do mundo ao noso concello para admirar e compartir a experiencia de visitar castros, canastros, igrexas, pozas, fervenzas e toda a riqueza natural que garda esta contorna", afirmou Antonio Montero, alcalde de Avión.


Existen diversas rutas, dende as máis sinxelas a outras máis esixentes, como é o caso do percorrido máis longo, de 25 quilómetros, "que leva aos participantes polo Coto do castro e onde se poden admirar petróglifos prehistóricos”, explicou Darío Vázquez, técnico municipal de deportes.

Á presentación desta nova edición acudiu o vicepresidente da Diputación de Ourense, Rosendo Fernández, quen destacou que estamos ante unha andaina que “sempre innova nos seus percorridos e nos permite coñecer un dos mellores lugares da provincia de Ourense pola súa riqueza natura e patrimonial”.

 

A andaina, que terá lugar o vindeiro 22 de xullo, comezará ás 8:30 horas.

Te puede interesar