Bacelos de Prata para as adegas de Elisa Collarte e Alvarado Pires

O Pazo dos Ulloa, ubicado na localidade ribadaviense de Esposende, acolleu ó mediodía de onte a xuntanza dos membros do xurado da oitava edición dos premios 'Bacelos de Prata', baixo a presidencia deAvelino Muleiro García, titular da Asociación Álvaro das Casas, promotora do certame.
Tra-las deliberacións desta comisión, decidiuse otorgar un dos galardóns á colleiteira Elisa Collarte Bernárdez, da Denominación de Orixe Ribeiro, pola utilización da lingua galega dende hai moitos anos, na etiquetaxe e publicidade da súas marcas 'Cordón de Santo André', un branco de variedades autóctonas, e'Elisa Collarte', un tinto de mencía.

O xurado tamén outro premio ó colleiteiro Alfredo Alvarado Pires, tamén de O Ribeiro, pola etiquetaxe do seu viño 'Acinus', elaborado coas castes autóctonas treixadura, loureira e albariño.

Te puede interesar