O BNG aposta pola cultura dun consumo moderado do viño

O pleno debatirá a proposta de instar á Xunta a que demande do Goberno central a retirada dun anteproxecto de lei

O grupo municipal do BNG en Ribadavia presentou unha moción mediante a que solicita da Corporación un acordo para instar á Xunta de Galiza a que demande do Goberno do Estado español a retirada do Anteproxecto de Lei de Prevención do Consumo de Bebidas Alcohólicas por Menores e os seus Efectos e a apertura dun proceso de diálogo co sector (consellos reguladores, adegas, cooperativas, organizacións agrarias) para fomentar a cultura do consumo moderado e responsable do viño.

O anteproxecto, segundo indica a moción, inclúe unha serie de medidas desproporcionadas e ineficaces que perxudican ao sector do viño. "Este anteproxecto contradice a legalidade vixente da Lei da Viña e o Viño, que dende 2003 define ao viño como un alimento e se recoñece a posibilidade de promover o fomento do consumo moderado e responsable do viño, mentres que agora quere prohibirse", sinalan os nacionalistas. Ademais, insisten en que "o viño non debe considerarse como un simple ben de consumo, é un valor da nosa civilización".

Te puede interesar