O BNG di que é precipitado que a Deputación recolla o lixo

O grupo municipal do BNG en Ribadavia maniféstase contrario a traspasar o servizo de recollida do lixo á Deputación, tal e como anunciou o alcalde, Marcos Blanco. O equipo socialista de goberno prevé plantexar a proposta no pleno do próximo xoves, tras considerar que o servizo mellorará, sobre todo no que atañe a recollida do lixo para a súa reciclaxe, e sen que supoñe un incremento do coste ós ciudadáns.
Os nacionalistas consideran que antes de tomar esta deción 'hai que explorar a súa mellora mediante o establecemento dun concurso público ou mediante a total municipalización, que era o fin para o que se saiu da Mancomunidade do Ribeiro'.

Nese senso, este grupo da oposición anunciou que non vai dar un voto favorable a este traspaso, se ben desexa que 'se realicen as melloras da calidade que se prometen, xa que os aforros previstos no custe non xustifican suficientemente esta precipitada entrega do servizo á Deputación'.

O BNG tamén engade que 'ante o acordo existente neste asunto entre o PSOE e o PP, é evidente que o vindeiro 1 de setembro a recollida do lixo en Ribadavia vai pasar a ser xestionada pola Deputación de Ourense'. O correspondente convenio para que a institución provincial se faga cargo do servizo será debatido pola Corporación na sesión de pleno ordinaria pola vía de urxencia.

Te puede interesar