CULTURA

O Castelo acolleu un festival de arte e música

Festival castelo Ribadavia
4-6-16

O festival UKP DAY ofreceu arte, música, gastronomía, obradoiros e charlas durante toda a xornada de onte, no Castelo Medieval de Ribadavia

O festival UKP DAY ofreceu  arte, música, gastronomía, obradoiros e charlas durante toda a xornada de onte, no Castelo Medieval de Ribadavia. O instrumento musical ukelele, que ten a súa orixe no cavaquinho portugués, foi o nexo de unión nas actuacións que se ofreceron, empezando polo grupo luso Birds are Indie, seguido de Gentleman Clef (Madrid), Ukestra do Medio (Santiago de Compostela), Helen&Shanna (A Guarda) e Marem Ladson (Ourense), que completaron as actuacións do día, ao que se engadiu unha sesión DJ temática de Juan Rivas.

O festival foi un escaparate dos novos creadores galegos, xa que ademais dos concertos con ukelele, tamén se desenvolveron actividades relacionadas directamente con áreas como a ilustración ou a arte urbana, engadindo unha relacionada coa gastronomía coa que se promocionaron os produtos propios da comarca do Ribeiro. O evento tamén incluíu actividades específicas para nenos.

Te puede interesar