POBLACIÓN

Castrelo da axudas para fomentar a natalidade

<p></p>
photo_camera Vista panorámica do municipio de Castrelo

Dende o pasado 2014, o concello ven otorgando unha media de dúas achegas cada ano.

O goberno municipal de Castrelo de Miño manterá por terceiro ano consecutivo a súa convocatoria de axudas para aquelas familias empadroadas no municipio nas que haxa nacementos. Unhas axudas que se poden solicitar nas oficiñas municipais ata o 15 de decembro e que poden oscilar entre os 300 e os 600 euros, dependendo da renda familiar, e incluso chegar ata os 1.000 euros cando os proxenitores teñen dificultades económicas.

Dende o pasado 2014, o concello ven otorgando unha media de dúas achegas cada ano.

Para o alcalde de Castrelo de Miño, Xurxo Rodríguez, resulta difícil manter fixada a poboación na localidade, "pero nós facemos esforzos para que os rapaces teñan a oportunidade de disfrutar vivindo aquí".

Actividades

O concello programa de forma regular encontros cos nenos do colexio público para coñecer as súas inquedanzas e involucralos no funcionamento da propia institución municipal, ademáis de organizar ó longo de todo o ano diferentes actividades culturais enfocadas a eles. Estas iniciativas, según Xurxo Rodríguez, foron as que contribuiron de forma decisiva a que Castrelo de Miño sexa o primeiro municpio galego en ser recoñecido como "Ciudad Amiga de la Infancia" pola Unesco.

Te puede interesar