INFRAESTRUCTURAS

Castrelo de Miño inaugura unha Escola de Familias

<p></p>
photo_camera A "Escola de Familias" desenvolverase no salón de plenos do Concello de Castrelo.

Será un espazo formativo dirixido aos pais sobre a educación dos menores

O Concello de Castrelo de Miño, dentro do Programa de Educación Familiar que acaba de poñer en marcha, inicia hoxe a nova actividade “Escola de Familias”, unha iniciativa que persegue crear un espazo formativo e de encontro entre os pais dos mozos e dos nenos para achegar posicións ao redor da educación dos menores no ámbito familiar.

Esta iniciativa estruturarase en varias xornadas. A primeira delas, este mércores, terá por temática as normas e os límites para establecer cos menores nas súas relacións cotiás. Entre outros temas, analizarase como afrontar os berrinches, esixencias ou enfados. Cuestións todas elas comúns en calquera familia e para as que a educadora familiar propoñerá técnicas para a resolución deses conflitos.

A “Escola de Familias” dirixirá a iniciativa a todas as franxas de idade dos rapaces e adaptándose, especialmente, a aquelas específicas dos pais que acoden ás sesións.

As persoas que desexen asistir a estas sesións poden anotarse ou obter mais información acudindo ao concello ou chamando ao 988 493 000. O Programa de Educación Familiar está subvencionado pola Xunta a través do Programa Operativo do Fondo Social Europeo Galicia 2014-2020.

Te puede interesar