DÍA DA MULLER

Enólogas do Ribeiro catan viños elaborados por mulleres da comarca

A actividade, que tivo lugar na Igrexa da Madalena, formou parte da programación de actos de celebración do 8 de marzo, Día da Muller

Enólogas do Ribeiro catan viños elaborados por mulleres da comarca

A Concellaría da Muller e de Igualdade do Concello de Ribadavia, dentro da programación de actos de celebración do 8 de marzo, Día da Muller, organizou un acto onde as protagonistas foron mulleres enólogas do Ribeiro. A cata contou con productos procedentes de bodegas cuxa xestión corre a cargo da man feminina. Tomaron o mando Maribel Gómez e Cristalina Álvarez e tivo lugar na Igrexa da Madalena. Catáronse varias marcas de viños elaborados tamén por mulleres como: Airon, de Bodegas Alemparte; Agás do Tempo, de Bodegas El paraguas; Pazos de Albor, de Bodegas Albor; Son de Arrieiro, de Bodega Son de Arrieiro e  Val do Deva, de Bodega Val do Deva. 

Noelia Rodríguez, concelleira desde departamento, afirmou que "entendemos que o papel da muller neste sector, como noutros moitos, non ocupa o lugar destacado que se merece e que lle é propio”. Tamén asegurou que está na súa man e na de toda a sociedade traballar para visibilizar este esforzo que as mulleres enólogas do Ribeiro veñen facendo durante anos e contribuíron a situar os viños desta D.O. como uns dos mellores do país. Tivo moi boa aceptación e o aforo completouse ás poucas horas de anuncialo na prensa e nas redes.