O catamarán de Castrelo, destinado ó turismo e cultura

Avelino Pazos, Beatriz Alberte e José Antonio Ferreiro.
photo_camera Avelino Pazos, Beatriz Alberte e José Antonio Ferreiro.
O catamarán sairá a navegar os días laborais cun mínimo de cinco persoas e baixo reserva previa.

O alcalde de Castrelo de Miño, Avelino Pazos, a presidenta do Club Náutico, Beatriz Alberte, e o tenente alcalde, José Antonio Ferreiro, firmaron un convenio de colaboración para o uso do catamarán durante os meses de xullo, agosto e setembro como embarcación en actividades turístico – culturais que poñan en valor o patrimonio do concello.

O catamarán sairá a navegar os días laborais cun mínimo de cinco persoas e baixo reserva previa. Tamén as fins de semana funcionará ás 12,00, ás 18,00 e ás 19,30 horas nos
meses de xullo e agosto, e ás 12,00, ás 17,00 e ás 19,00 en setembro. Na xornada de hoxe, ás 13,30 horas, no Parque Náutico de Galicia, terá lugar a inauguración das actividades co catamarán.

Te puede interesar