O concurso de viños de Berlín premia un tinto de O Ribeiro

O Berliner Wein Trophy, o concurso de viños que se celebrou don3 ó 6 de marzo na capital da República de Alemania, otorgou galardóns a dúas adegas galegas, das Denominacións de Orixe Ribeiro e Monterrei. Concretamente, foron premiados o 'Sameirás 2009', un tinto da adega de Antonio Cajide Gulín, ubicada na parroquia de Santo André de Ribadavia, e o branco 'Lagar de Xestosa Godello 2009', da adega verinenese Lagar de Xestosa.
O adegueiro ribadaviense expresou que 'personalmente, me satisfai moito este premio, xa que é o primeiro que reciben os meus viños este ano'. Antonio Cajide lembra que o 'Sameirás 2009' tamén acadou o primeiro premio da cata oficial na última edición da 'Feira do Viño do Ribeiro', a medalla de prata na cata de viños do Noroeste de Ponferrada e o bronce no certame de Mellores Viños de España en Asia, celebrado en Hong Kong.

O concurso desarrollado en Berlín é o máis importante que se celebra en Alemania, e conta cos recoñecementos e avais da Unión Europea, a Organización Internacional do Viño e o Bundestag (Senado) alemán.

Te puede interesar