O Consello Regulador aborda unha renovación tecnolóxica

ribeiro
photo_camera Roberto Goñi, Manuel Baltar e Miguel Ángel Viso, onte na Deputación.

Contará co apoio da Diputación, que tamén colaborará nos gastos da nova sede do organismo

A Deputación de Ourense asumirá a renovación tecnolóxica do Consello Regulador do Ribeiro, e o goberno provincial tamén colaborará nos gastos de acondicio- namento da nova sede do consello. Así llo confirmou o presidente da institución, Manuel Baltar, ó presidente e o xerente do consello, Miguel Ángel Viso e Roberto Goni respectivamente, no transcurso dunha reunión que se celebrou onte e na que se analizaron asuntos relativos á colaboración entre as dúas institucións, espe- cialmente no que atinxe á tecnoloxía e infraestruturas.

Asemade, na xuntanza, Viso e Goñi presentáronlle a Manuel Baltar o Plan Estratéxico da Denominación de Orixe Ribeiro, que inclúe actuacións para o período 2014-2016 de desenvolvemento de negocio no ámbito nacional e un plan de internacionalización. Neste plan recóllense as accións de promoción dos viños tanto en España como no estranxeiro con vistas a ampliar mercados. Neste ano, concretamente, no que atinxe a internacionalización estase incidiendo la introducción dos viños do Ribeiro en Suiza, sen esquecer outros países coma Alemania onde acuden cada ano a diversos eventos. Tralo encontro, Manuel Baltar destacou “o xiro profesional que deu a Denominación de Orixe Ribeiro nesta nova etapa”. 

Te puede interesar