O Consello Regulador promociona os viños do Ribeiro nunha feira de Hong Kong

Os vinos da Denominación de Orixe Ribeiro están presentes dende hoxe na feira Hong Kong Internacional Wine & Spirits Fair, que se desenrolará ata o día seis de novembro para público profesional no recinto feiral Hong Kong Convention and Exhibition Centre.
O Consello Regulador conta cun stand propio de 12 metros cadrados dentro do pavillón español, onde están de xeito presencial as adegas Vitivinícola do Ribeiro (Viña Costeira), Viña Mein, Javier González Vázquez (Casal de Armán), María Álvarez Serrano (Coto de Gomariz) e Produccións Amodiño (Sanclodio).

Neste espazo poderanse degustar tamén os viños das adegas Campante (Gran Reboreda), San Roque (Terra do Castelo), Docampo e Nairoa, xa que aínda que non estarán presentes, as súas marcas serán representadas por persoal do Consello Regulador.

Mercado

O mercado de Hong Kong é un dos que máis renda ten en Asia, no cal o aumento de consumo de viño ten un crecemento constante e ademais carece de aranceis, según sinalaron responsables do Consello. ‘Debido a este potencial que ten o mercado do viño nesta cidade decidimos participar na feira ‘, sentenciaron os responsabeis do departamento de promoción.

Te puede interesar